Descripciones O traxe tradicional galego (Porta de Papel) Ebook gratis
O traxe tradicional confórmase a finais do século XVIII por parte das clases populares, fronte á aristocracia e burguesía que seguían as pautas sinaladas polas modas estranxeiras. O seu desenvolvemento coincide coa Revolución Francesa, unhas das épocas máis convulsas da historia da humanidade, ao tempo que tamén se empeza a consolidar outra roupa por parte das clases dominantes, a moderna, antecesora inmediata da actual, de carácter igualitario e global.
Esta evolución non foi exclusiva de Galicia, senón da maioría das rexións peninsulares e europeas, adoptando deste xeito unha vestimenta diferenciada fronte á unificación cada vez máis intensa propiciada polas modas e a industria téxtil.
En xeral, trátase dunha indumentaria con características de seu, confeccionada polas mulleres da casa, e as costureiras e os xastres locais, utilizando basicamente tecidos e elementos ornamentais autóctonos, ata que coa mellora das comunicacións empezaron a chegar de fóra, en casos de moi lonxe.
Ao longo do século XIX a convivencia entre esta roupa e a considerada moderna, convértese nunha calada loita de clases, da que saíu triunfante a segunda, pasando por unha etapa «de transición» en que se mesturan elementos de ambas, sendo os máis representativos o pantalón e o chapeu, fronte aos tradicionais calzón e monteira.
A súa decadencia comeza a manifestarse dende mediados do século XIX, sendo xa crítica nas últimas décadas, en que se empeza a usar como folclórica, principalmente por parte de agrupacións musicais.
Os románticos foron os primeiros e fixarse na importancia do traxe popular, un dos piares da nosa idiosincrasia, xunto coa lingua, a música, a arquitectura e as tradicións. .
Haga clic aquí para descargar:
Mirror : Link 1 - 48,411 KB/Sec
Mirror : Link 2 - 40,005 KB/Sec
Descargar Libros Epub Gratis En Español Sin Registrarse,Papyrefb Descargar Libros,Libros De Megan Maxwell Descargar Gratis,Paginas De Descargas De Libros,Descargar Libros Pdf Gratis En Español Completos Sin Registrarse,Papyrefb2.Descarga De Libros,Leer Libros Online Gratis En Español Sin Descargar,Leer Libros Online Gratis En Español Sin Descargar,Paginas Para Descargar Libros Gratis Sin Registrarse,Paginas Para Descargar Libros Gratis Para Ebook
0 comments:
Enregistrer un commentaire